Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reciclar roupa para que non acabe no lixo

artelixo

Os organizadores do Artelixo fan un chamamento á veciñanza par que doen as camisetas  que xa non usen e que serán reutilizadas nun obradoiro que se desenvolverá o día 20 na Feira do Gando. As persoas que queiran doar as súas prendas de roupa poderán deixalas nos soportais do concello os día 3 de abril  en horario de 10:00 a 12:00 e o 5 de abril en horario de tarde de 16:00 a 18:00 horas.

O festival de arte elaborado con material de refugallo céntrase nesta edición no impacto ambiental da industria téxtil, impacto cada vez maior debido á moda de usar e tirar. Para reflexionar sobre este asunto organizan un obralixo o día 20 no que se dará outra vida a todas esas prendas que xa non se usan. Por ese motivo fan un chamamento a doar todas as camisetas que temos na casa e que xa non poñemos co obxecto de darlle unha segunda vida.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará