Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Queimado un contedor na estrada Campo de fútbol

contedor

Foto: Hai catro meses un contedor na mesma rúa quedaba completamente calcinado

O contedor do lixo viuse afectado polas lapas logo de que alguén lle prendera lume na madrugada do sábado para o domingo. O lume foi sufocado polos axentes da Policía Local e Protección civil que se desprazaron ao lugar tras seren alertados polo 112 Galicia.   

Un contedor do lixo quedou seriamente danado durante a noite do sábado nas inmediacións do campo de fútbol de Santa Mariña en Redondela. Un incidente que se repite periodicamente na mesma zona, con risco incluso para algúns vehículos que se atopan estacionados nas inmediacións destes colectores. Os axentes apuntan a que sería sempre o mesmo individuo o que se dedica a realizar este tipo de actos de vandalismo.

Nesta ocasión foi o 112 Galicia quen avisou aos axentes que se desprazaron ao lugar sobre a unha da madrugada. As lapas foron sufocadas grazas ao extintor que desprazaron a zona os efectivos de protección civil de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará