Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

CD Soutomaior clasifícase para os oitavos de final da Copa Galicia

434169525_18098096395399693_4748813088793294727_n

A segunda edición da Copa Rías Baixas celebrou a terceira xornada de competicións que rematou con dúas derrotas e un empate para os equipos locais. Despois dos resultados da pasada cita quedan eliminados o CD Cesantes e o CD Choco, mentres que o CD Soutomaior logrou salvarse por un empate e xogará o primeiro de maio os oitavos de final.

PONTEVEDRA

C.D. Cesantes 3-5 Portonovo S.D.

Dentro do grupo de Pontevedra, o Cesantes recibiu ao Portonovo cun resultado de 3 fronte a 5 e quedando eliminado automaticamente da competición.

U.D.S.M. Deiro 2-2 C.D. Soutomaior

O CD Soutomaior visitaba o Campo do Monte da Lomba en Vilanova de Arousa onde empataron contra o Deiro e conseguiron gañar na fase de penaltis cun resultado de 9 fronte a 10.  Un partido bastante igualado na primeira parte e moi emocionante cara o final onde se xogaron todo no máximo castigo que sentenciou o gol de Aitor Amoedo.

VIGO

Gondomar C.F. 4-2 C.D. Choco

Dentro do grupo da zona de Vigo da Copa Rías Baixas, o CD Choco perdía ante o Gondomar  cun marcador de 4 fronte a 2. Resultado que elimina aos últimos redondeláns da competición.

O 1 de maio celebraranse os oitavos de final por zona e aínda están por determinar os enfrontamentos. O Soutomaior ten agora como obxectivo conseguir ser os campións da Copa Rías Baixas Pontevedra para enfrontarse ao resto de grupos galegos que loitarán por chegar á Supercopa Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará