Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teatro infantil con A nena que vivía nunha caixa de mistos

caramuxo

O Ciclo de teatro infantil que organiza o concello de Redondela propón para esta fin de semana unha nova actuación no Multiúsos da Xunqueira. Será o domingo 31 ás 18:00 horas coa compañía Caramuxo teatro e o espectáculo A nena que vivía nunha caixa de mistos. O prezo da entrada é de 3 euros.

Caramuxo é unha compañía especializada na creación de  espectáculos poéticos e visuais axeitados para gozar en familia, tendo unha especial responsabilidade co público mais novo, mesturando diferentes técnicas, teatro de actor, monicreques, danza..  Nesta ocasión presentan a obra “A nena que vivía nunha caixa de mistos” inspirada no conto “A vendedora de mistos” de Andersen. Unha peza cunha linguaxe contemporánea e multidisciplinar que trata o tema da pobreza infantil e a orfandade, mais cunha mensaxe positiva, sobre o poder do cambio. Unha proposta de teatro de actriz e monicreques case sen palabras, que lembra ás películas clásicas en branco e negro.

O espectáculo, que conta con música en directo, é a terceira pata da triloxía sobre os contos populares, que comezou con “As fabas máxicas”, continuou con “Feo” (Premio María Casares a Mellor Espectáculo Infantil) e remata con esta proposta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará