Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos suma vitoria e gaña confianza

WhatsApp Image 2024-03-18 at 14.18.53

Outeiro de Rei SD – SD Pazos de Borbén FS (5-6)

En Terceira División, o Pazos vencía na súa visita ao Outeiro de Rei cun resultado de 5 fronte a 6. Joni Costas fixo o definitivo 5-6 a falta de 25 segundos. Desta forma, suman tres puntos e gañan confianza para afrontar un final de tempada onde tódolos equipos están moi axustados.

Os goleadores foron Martín , Joni , Costas , Fredo e Pablo. Dende o club destacan a “reprochable actitude do trío arbitral , con constantes ameazas a xogadores e técnicos , que desesperaron aos dous equipos nun partido no que non houbo nada salientable a nivel arbitral”.   Agora recargan pilas  durante o  parón de Semana Santa para afrontar os últimos partidos da Liga. A seguinte xornada será o 7 de abril contra o Noia F.S. Portus Apostoli “B”.

PREFERENTE

O Campito Chapela e o Redondela FS descansaron esta fin de semana e retomarán á liga despois de semana santa, o 7 de abril. O campito xogará contra o Vincios Gondomar e o Redondela contra As Neves.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará