Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela asina un convenio co Conservatorio Superior de Vigo para desenvolver programacións conxuntas

convenio música

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o director do Conservatorio Superior de Música de Vigo ( CSMV), Esteban Valverde, asinaron un acordo entre ambas institucións “para a programación conxunta de actividades culturais como concertos, cursos ou conferencias”.

Rivas destacou que o Concello de Redondela ten entre as súas funcións “a promoción da cultura de Galicia e, en particular, o fomento de actividades que poñan en valor o patrimonio material e inmaterial do municipio”. Con este convenio a veciñanza de Redondela poderá gozar de actividades promovidas conxuntamente co Conservatorio vigués como concertos e recitais do seu alumnado no Multiúsos.

Esteban Valverde valorou positivamente o acordo pola súa achega para a promoción e difusión do coñecemento e da cultura”.

Con este convenio afirma a alcaldesa “complétase a xa de por si ambiciosa oferta musical para a cidadanía de Redondela que conta cunha ampla programación do Conservatorio Municipal Víctor Ureña e da Escola de Música de Chapela”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará