Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela contratará 15 persoas desempregadas durante seis meses

peones

O Concello de Redondela contratará con cargo a unha subvención de 239.287 euros procedentes do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra, un total de 15 persoas en situación de desemprego que se encargarán de desenvolver diferentes tarefas. Así, esta previsto a incorporación de tres guías de turismo, 2 axudantes para o servizo de Electricidade e 10 peóns de servizos varios, todos eles cunha duración máxima de 6 meses.

No caso dos 10 peóns aínda está aberto o proceso de selección, polo que as persoas interesadas poden inscribirse no Servizo Público de Emprego para optar a estas prazas. A súa actividade principal serán tarefas de mantemento e reparación relacionadas cos distintos oficios así como operacións de carga e descarga, limpeza, mantemento e conservación das rúas, prazas, instalacións deportivas ou calquera outra instalación municipal interna ou externa. Os 2 axudantes para o servizo de Electricidade terá como actividade principal dar apoio na substitución de liñas de cableado obsoletas.

No caso das 3 guías de Turismo a súa actividade principal será apoiar a dinamización turística do Concello de Redondela, atender á cidadanía na Oficina de turismo e no Centro de Interpretación de Rande, e facilitar  información sobre o patrimonio natural, cultural e histórico de Redondela, planificando rutas e visitas guiadas.

A alcaldesa, Digna Rivas, afirma que estas contratacións “non só supoñen un xeito de fomentar o emprego e un ingreso económico para as persoas contratadas, senón que contribúen a reforzar os servizos que desde o Concello se prestan á veciñanza”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará