Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charlas e obradoiros sobre saúde feminina na Oficina de turismo

oficiona turismo

O ciclo que organiza a Concellería de igualdade co gallo da programación polo 8M inclúe nesta semana dúas citas: o xoves ás 19:00 horas a médica de familia do Centro de saúde de Redondela, Esther López, falará do que acontece no corpo da muller durante a menopausa. O sábado 23 impartirase o obradoiro “Mulleres e saúde mental: mitos e realidades” entre as 10:00 a 14:00 horas a cargo de Debora González, educadora social especialista en igualdade e informadora de saúde mental.

Na charla deste xoves na Oficina de Turismo a médica Esther López achegará información sobre os cambios que ocorren no corpo da muller durante esta etapa, explicando de maneira clara e comprensible os síntomas, as transformacións hormonais e as formas de afrontar esta fase de transición. Será un espazo aberto a preguntas e discusión.

O sábado Débora González revisará os factores psicosociais que inflúen na saúde mental das mulleres, achegando ferramentas para que tomen o control sobre os determinantes da súa saúde mental. Desbotaranse mitos pero tamén se falará de realidades como o feito de que entre as mulleres se observe unha maior prevalencia de depresións, ansiedade, estrés e somatizacións e trastornos do comportamento alimentario que está condicionado polos factores psicosociais de xénero.

Actividades de balde con inscrición previa no Multiúsos da Xunqueira, no teléfono 986 402865 ou no enderezo multiusosredondela@gmail.com.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará