Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Emprendemento e solidariedade no Illa de San Simón

illa san simón alumnos

Os proxectos de emprendemento forman parte das actividades que se desenvolven en materias como a de Economía e emprendemento que o alumnado recibe en 4º da ESO. Co obxecto de que os alumnos se enfronten á responsabilidade de facer funcionar unha empresa, este ano embarcáronse na creación de dúas cooperativas. Proxectos que ademais contan cun enfoque social, xa que o 60% do que recaden ao longo do curso será destinado a diferentes ONGs.

Alumnado de 4º de ESO do Instituto Illa de San Simón de Redondela está a participar no proxecto da deputación de Pontevedra “Depoemprende na ESO”. Rapaces e rapazas participan creando a súa propia coperativa paso a paso, dende darlle nome, nomear cargos directivos, xestionar compras e vendas… A filosofía destas cooperativas, que levan por nome “Eco13” e “Project-Illa”, é a sostenibilidade e a solidariedade xa que buscan fomentar o comercio local e contan cun fin solidario.

Damián Pérez

Ao finalizar o curso o 60% dos beneficios, logrados principalmente coa vendas dos seus produtos nos mercadiños que van facendo ao longo do ano, irán a unha ONG.

No caso de Eco13 a beneficiaria será a ONG Damán, mentres que os integrantes de ProjecIlla elixiron dúas asociacións ás que destinan os seus beneficios: Manos Unidas e a entidade Raiola de Lugo que traballa con persoas con TEA. 

Carlota Vieiro

Un xeito de poñerse en contacto co mundo real coa creación dunha cooperativa e poñela en marcha co obxectivo de que a entidade teña beneficios. A iniciativa está enmarcada dentro das clases de Economía que imparte o profesor Ramiro Armesto que é o encargado de guiar ao alumnado nun proxecto que busca que sexan quen de experimentar o que supón a posta en marcha dunha empresa e facelos máis autónomos á hora de enfrontarse ao seu futuro laboral. Dende ECO 13 tamén no explicaban que no seu proxecto buscan que os produtos que elaboran estean feitos a partir de material quilómetro cero para que sexa o máis sostible posible.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará