Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

César Bona presenta ‘Humanizar a educación’ nas IV Xornadas Andaina sobre diversidade

e1caf5d1-401b-4c9d-b94a-50959ad4a346

César Bona, un dos cincuenta mellores mestres do mundo segundo o Global Teacher Prize e gran defensor dos dereitos da infancia, participa nas IV Xornadas sobre Diversidade Funcional da asociación Andaina. Presenta unha conferencia na que recompila o seu traballo ao longo dos anos e a súa experiencia a nivel internacional. A charla, que imparte o sábado 16 de marzo no Multiusos da Xunqueira, ten o nome de ‘Humanizar a educación’.

Humanizar a educación‘ é tamén o título do seu primeiro libro, no que fala de replantexar a ensinanza que queremos, porque “se hai algo que está claro, é que todo comeza na educación”. Na conferencia falará, precisamente, da importancia de sacar “o lado humano que levamos dentro no bo sentido da palabra”.

“O título pode parecer redundante pero é un guiño”, Bona.

Bona percorreu o mundo chegando a países como México, Chile, Colombia, Perú, Arxentina, Uruguai, Ecuador, Costa Rica ou Portugal e mesmo en Bruxelas na Área de Educación da Comisión Europea.  Con toda esta experiencia entende que nos centros educativos e nas escolas máis importantes do mundo traballase de forma transversal en todas as áreas e materias. Sen embargo, o paradóxico está en que “moitas veces non se atopa espazo para o importante”, como pode ser a diversidade.

“No caixón do transversal as veces o importante non atopa espazo”, Bona.

Unha das súas frases máis recorrente di: “Non pode haber calidade se non se respecta a diversidade”. Para o mestre zaragozano “o fin da educación debe ser levar a realidade da sociedade e a as diferenzas que hai nesta ás aulas”. Na rúa atópaste xente de todo tipo, con distintas capacidades, opinións e relixións e por iso é importante entender o mundo no que vivimos para mellorar a sociedade”.

“Entender o mundo no que vivimos para mellorar a sociedade”, Bona.

Agradece a oportunidade de participar con profesionais do nivel que podemos atopar no cartel da programación e sobre todo a labor da asociación Andaina da que di “vai aprender moito”.

“É un luxo compartir cartel con grandes profesionais”, Bona.

As IV Xornadas de educación e Diversidade de Andaina arrincan o venres 15 de marzo coa proxección do documental “Educación inclusiva, quererla es crearla”, mentres que o sábado 16 de marzo celébranse as actividades formativas con relatorios e charlas que se desenvolverán no Multiusos da Xunqueira en horario de mañá e tarde.

Concretamente, participan César Bona; Miguel Hernández Nores, especialista en Pedagoxía terapéutica, educación musical e primaria; Ánxela López Leiceaga, cofundadora de SOLCOM e Vigalicia e presidenta da Federación de Vida Independente; Rocío García Castro, psicóloga clínica e vicepresidenta de AGA.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará