Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mon: “O Atlético Villar sobrevive sen medios”

WhatsApp Image 2024-03-06 at 18.35.53 (1)

O CD Atlético Villar sobrevive cun campo de terra en mal estado e con só 20 fichas rexistradas, coas que conforman o equipo sénior e a directiva. Nestes momentos están preto do ascenso a Segunda Galicia e solicitan axuda das administracións públicas e o Concello de Redondela para manter un proxecto con máis de 55 anos.

Fundado en 1969 contan coas mesmas instalacións dende o inicio, polo que o campo de terra, vestiarios e iluminación deteriorouse co paso do tempo. A falta de infraestruturas axeitadas dificulta a achega de novos xogadores interesados no club impedindo que creza e incluso facendo perigar a súa existencia, pois non teñen categorías base que apoien ao sénior.

“O clube está sobrevivindo”, Mon.

O adestrador, Mon, afirma que “sobreviven a pesar das instalacións grazas á implicación dos xogadores que aínda están en idade de xogar”. A directiva está traballando coas administracións para solucionar este problema, pero “os trámites son lentos e senten que loitan contrareloxo”.

“A directiva está en reunións coas administracións pero non avanzan”, Mon.

A pesar desta mala situación, o equipo sénior situase moi preto de subir a Segunda Galicia. Están demostrando a súa forza e valía cunha racha de 8 partidos gañados que os sitúa na cuarta posición, praza directa ao ascenso. Este resultado foi grazas a un percorrido emocionante en Terceira Rexional no que comezaron sen destacar demasiado e segundo transcorrían as xornadas o interese dos xogadores e a positividade do adestrador subiron os ánimos e as vitorias.

“Na miña cabeza pasaba volver a ascender”, Mon falando do comezo da tempada.

Vilar de Infesta é unha parroquia con moita tradición futboleira e con rapaces interesados en xogar preto da casa. Mon entende que o ascenso “non é determinante para salvar a situación, senón mellorar os medios cos que contan para rescatar ao club” que é o que realmente está en xogo. Para eles o máis urxente é captar deportistas e poder ter continuidade nas seguintes tempadas, porque “as condicións do campo son un agravio en comparación co resto de equipos do municipio”.

“Temos que atopar unha solución xa”, Mon.

Piden axuda das administración públicas e do Concello para atallar este problema. Dan as grazas á afección que se achega todos os domingos a velos xogar e esperan continuar con este bo refacho que demostra a súa forza como equipo e como club. A próxima xornada enfrontaranse  ao Racing de Castrelos, decimoprimeiros na táboa xeral.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará