Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mariscadoras denuncian que os furtivos que actúan en Redondela son unha banda organizada

mariscadoras

As mariscadoras denuncian a actuación dos furtivos

“Te vamos a quemar la casa” o “vamos a ir a por tu familia” son algunhas das ameazas que as mariscadoras teñen sufrido cando se encaran cos furtivos que dende o pasado mes de outubro operan en Redondela. Estiman que o prexuízo económico que padecen a consecuencia desta actividades ilegal ascende a máis de mil euros diarios. A vicepatroa da Confraría Nisi Otero asegura sentirse “completamente desmoralizada” ante unha situación que se prolonga no tempo.

Unha problemática que se remonta ao mes de outubro “ou incluso antes, ao principio pensabamos que eran bañistas que levaban marisco no verán pero logo xa nos decatamos de que a cantidade que se levan non é un puñado para facer un arroz senón cantidades enormes que superan os cen kilos diarios”.

Os furtivos son un grupo duns cinco homes de entre 25 a 40 anos,” profesionais que chegan con neopreno e todo o material necesario para mariscar”. As veces que se atoparon de fronte con eles e lles recriminaron que o que estaban a facer era ilegal a contestación que recibiron foron ameazas verbais que as teñen amedrentado.
Explica Nisi Otero que a Agrupación de mariscadoras conta co apoio dos gardacostas, o vixilante da Confraría e a propia Policía, tanto local como nacional, pero que pillalos está a ser moi complicado “as veces escapan porque saben dos camiños mellor que moitos veciños e noutras ocasións tiran a mercancía co cal non é posible imputarlle ningún delito”.

Un prexuízo económico que se suma a un ano moi complicado cunha elevada mortandade de marisco e cunha produción moito menor que en campañas anteriores “esta situación estanos desmoralizando completamente”.

As mariscadoras continuarán coa súa labor de vixilancia e confían en que esta actividade ilegal se deteña porque están a esquilmar o mar con repercusións directas non seus ingresos económicos ao que se lle suma a ansiedade que padecen ante estre grupo de furtivos que as ameaza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará