Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A directora da orquestra de saxos, Elisa Arias, protagonista dunha charla coloquio no Centro Sociocomunitario

Elisa Arias con Pedro Iturralde

Elisa Arias con Pedro Iturralde

A actividade desenvolverase na xonrada de hoxe marte ás 17:30 horas con entrada de  balde para todo aquel que queira achegarse. Conducido por Andreia Costas a charla xirará en torno a diferentes temas como a emigración, a presenza da muller na música e a experiencia de Elisa Arias como directora do Conservatorio e a orquestra de saxos.

A raíz do relato de Manuel Rivas “Un saxo na néboa” incluído no programa das actividades “Lectura Activa” e “Escrita Creativa” que imparte Andreia Costas no Centro Sociocomunitario de Redondela xurde a idea de crear un faladoiro entre a música Elisa Arias e a escrita literaria con figuras de relevancia cultural da comarca.

Andreia Costas

Unha charla na que se abordarán diversas cuestión a través das cales Elisa Arias falará de música, de xénero, das adversidades da vocación en contra dos desexos dos pais, da súa circunstancia de migrante e haberá tamén quenda do público aberta as súas preguntas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará