Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior celebra a XXII edición do Certame da Camelia

soutomairo escaparates

O evento celebrarase os días 9 e 10 de marzo e conta cunha ampla programación de actividades pensado para todas as idades. A principal proposta volve ser a exposición de composicións de flor de camelias que se desenvolve nos xardíns e instalacións do Castelo de Soutomaior, pero haberá tamén obradoiros para cativos, paseos guiados e música con Lulavai.

Unha cita anual que é todo un punto de referencia para  que as persoas cultivadoras e afeccionadas á camelia. Inclúese como actividade principal a exposición de composicións de flor de Camelia que se desenvolven nos xardíns e instalacións do Castelo de Soutomaior, nos centros educativos e no comercio/hostalería local. 

Uns escaparates que xa foron observados polo miúdo polas integrantes do xurado que estiveron puntuando e valorando todos os establecementos e centros educativos inscritos, co obxectivo de decidir o gañador ou gañadora de cada unha das categorías.

O xurado salientou o nivel de creatividade e execución dos locais á hora de decorar os seus escaparates e darán a coñecer o seu veredicto o domingo a partir das 18:00 no Castelo de Soutomaior.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará