Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cine, charlas e exposicións nas IV Xornadas sobre Diversidade Funcional de Andaina

IMG20240301101830

O evento desenvolverase en dúas xornadas e contarán entre os seus relatores con Cesar Bona. A programación arrancará o venres 15 de marzo coa proxección do documental “Educación inclusiva, quererla es crearla” mentres que o sábado 16 de marzo celébranse as actividades formativas con relatorios e charlas que se desenvolverán no Multiusos da Xunqueira en horario de mañá e tarde. O prazo de inscrición remata o 11 de marzo e pode formalizarse neste enlace.

Lara Naya, coordinadora destas xornadas, explicou que por primeira vez a actividade terá dous días de duración. A sesión documental está dirixida ao público en xeral, pero especialmente a estudantes da ESO, Bacharelato, Maxisterio, e ciclos relacionados coa educación e a diversidade funcional. A película reflexiona, a través de diversas historias que se entrecruzan, sobre defensa do dereito á educación inclusiva. Arrinca co caso de Rubén Quella, que foi expulsado da súa escola primaria e obrigado a ser escolarizado nun centro de educación especial, algo que a súa familia negouse a acatar.

Rematada a proxección haberá un debate no que participarán Alejandro Calleja, pai de Rubén, e Paula Verde, socia de Andaina e participante activa do movemento “Quererla es crearla”.

O sábado día 16, en horario de mañá e de tarde, celébranse as actividades formativas con relatorios e charlas.  O primeiro en intervir, ás 10.00 horas, será César Bona, mestre, escritor, conferenciante e gran defensor dos dereitos da infancia. É un dos cincuenta mellores mestres do mundo segundo o Global Teacher Prize, o chamado Premio Nobel dos profesores. Outros participantes serán Miguel Hernández Nores, especialista en Pedagoxía terapéutica, educación musical e primaria; Ánxela López Leiceaga, cofundadora de SOLCOM e Vigalicia e presidenta da Federación de Vida Independente; Rocío García Castro, psicóloga clínica e vicepresidenta de AGAT; Lara Naya quixo incidir no interesante da charla impartida por Fundación Aequitas que contará  “coa intervención dos notarios de Redondela para explicar a nova lei de discapacidade”.

Alcaldesa Digna Rivas fixo un chamamento aos centros de ensino do municipio para que aproveiten esta actividade e participen “porque os mozos e mozas son o futuro, e só formándose e coñecendo esta realidade da man dos que máis saben podemos facer unha sociedade máis inclusiva”.

As inscricións están abertas ata o 11 de marzo a través da web de Andaina e nas súas redes sociais. O prezo é de 25 euros, reducido a 10 euros para estudantes, desempregados e persoas con diversidade, e de balde para os socios de Andaina.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará