Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Homenaxe á primeira mariñeira de Redondela, Salud Táboas Barreiro co gallo do 8M

homenaxe

Representantes de diferentes entidades, asociacións e colectivos encargáronse da lectura do manifesto institucional nun acto celebrado na maña de hoxe no Multiúsos da Xunqueira e no que se proxectou un vídeo elaborado pola EEI a Marisma sobre Salud Táboas Barreiro, a quen se homenaxeou co gallo do Día Internacional da Muller. A alcaldesa  Diga Rivas, destacou o papel de mulleres “bravas e pioneiras” coma ela e instou a toda a sociedade “a seguir avanzando cara a igualdade real entre homes e mulleres”.

O auditorio da Xunqueira acolleu este mediodía o acto institucional co gallo do 8M para conmemorar o Día Internacional da Muller . A lectura da Declaración Institucional correu a cargo dunha pequena representación dos colectivos, asociacións, centros escolares, centros de día e outras entidades que participaron na actividade “Tecendo Redes”. Unha declaración do 8M do Concello na que se facía un chamamento a “promover a participación activa das mulleres na vida política e social local, co fomento do liderado feminino para acadar a paridade”, incorporar a perspectiva de xénero “en todas as nosas políticas e programas” e impulsar campañas “de prevención e sensibilización contra a violencia de xénero, dando apoio integral ás mulleres vítimas”.

Homenaxe á primeira mariñeira de Redondela

No acto proxectouse un vídeo elaborado pola EEI a Marisma sobre Salud Táboas Barreiro, a primeira mariñeira de Redondela, que nos anos 50 se vestía de home para poder traballar no mar. Nesta homenaxe e con case 90 anos de idade, Salud relatou algunhas anécdotas da súa vida, como cando salvou de morrer afogadas a varias persoas que foran vítimas dun naufraxio.

A alcaldesa, Diga Rivas, destacou o papel de mulleres “bravas e pioneiras” coma ela que co seu traballo “tecían redes entre avoas, nais e fillas, amigas, veciñas e compañeiras que se axudaban para saír adiante” e instou a toda a sociedade a seguir traballado “creado redes de apoio, de solidariedade e de igualdade para crear unha sociedade máis xusta”. Lamentou Rivas que aínda hai quen non entendeu “que somos iguais, cos mesmos dereitos” e unha mostra desa a ideoloxía reaccionaria é o ataque á mostra Conquistadoras. Desde o Concello agradeceron o traballo das 28 entidades que participaron na elaboración das redes instaladas pola Alameda Castelao e outros puntos ao redor da Casa do Concello onde permanecerán expostas ao longo de todo este mes. O acto rematou coa participación de todos os asistentes ao acto atando lazos violetas nunha rede para seguir “tecendo redes pola igualdade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará