Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Festival de títeres celebra a súa XXV edición con 70 representacións en 13 escenarios

titeres

O Festival Internacional de Títeres, Memorial Juanjo Amoedo celebrarase entre o 13 e o 19 de maio con máis de 70 representacións nos 13 escenarios que volverán encher as rúas e prazas da vila de monicreques e espectáculos chegados de diferentes partes do mundo: Italia, Arxentina, Holanda, México, Francia, Portugal, Alemaña, Valencia, Castela León, Cantabria, Andalucía, Aragón ou Galicia, serán as procedencias das compañías participantes.

Considerado como un dos festivais mías importante de Galicia no seu xénero e un dos mellores de todo o país, celebra o seu aniversario de prata máis que consolidado e confiando en que esta nova edición volva ser “unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, espectáculos itinerantes, instalacións, animación de rúa e un feixe de sorpresas”. Un evento cultural que está arroupada por un público interxeneracional “onde a rapazada que asistiu ás primeiras edicións levan agora aos seus fillos e fillas, nese ciclo vital que transcorre nun carto de século” asegura o director Luís Crespo.

Como adianto a esta nova edición a Asociación Xente Titiriteira presenta a personaxe que será bandeira no cartel deste ano, un “Caracol” obra unha vez máis do ilustrador redondelán Pablo Pastor que se sumará a todas as personaxes que foron nacendo ao longo destes 25 anos de historia.

Unha edición máis, a cita deste ano aproveitará o festivo das letras galegas –o venres 17 de maio- para facer unha programación especial de rúa que se desenvolverá ao longo de tras días: o 17, 18 e 19 de maio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará