Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Estabilidade no emprego no mes de febreiro

emprego

O mercado laboral galego continúa en fase de aceleración e logrou o seu mellor febreiro en canto ao dato de paro de toda a serie histórica que comezou en 1996. A comunidade rexistrou ao peche do pasado mes un total de 130.583 desempregados, 518 menos que no primeiro mes do ano e una caída de 13.509 respecto a hai un ano. Non así en Redondela e comarca que, do mesmo xeito en que toda a área de Vigo, está estable ou con balances negativos. Así en Redondela e Soutomaior o paro crece con 7 e 6 parados máis respectivamente, mentres que descende en Pazos de Borbén e Fornelos, con sete e oito desempregados menos.

Unha variación mínima na nosa bisbarra que contrasta cunha maior variación no arranque do ano, cando o paro baixaba en 68 persoas en Redondela. A día de hoxe hai 1.461 persoas en situación de busca de emprego no noso concello, sendo 487 as que se atopan nesta situación en Soutomaior. En Pazos son 186 o número de desempregados e en Fornelos 110.

No que respecta ao conxunto do país, Galicia rexistrou 19.194 empregos máis que un ano antes, e por provincias o paro descendeu en todas salvo en Pontevedra, provincia que suma 50.440 desempregados.

En todo caso, Galicia é unha das once rexións nas que baixou o paro. As maiores caídas atopámolas en Andalucía, Comunitat Valenciana e Castela e León. Pola contra, Aragón, Madrid e Navarra foron nas que máis se incrementou.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará