Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela abrirá o prazo de exposición pública e alegacións ao PXOM o 21 de marzo

concello redondela pxom

O Concello de Redondela arrancará o xoves 21 cunha nova fase de tramitación do seu Plan Xeral de ordenación municipal: a apertura dun período de exposición pública. Nesa etapa, que se prolongará durante tres meses, as persoas que o desexen poderán formular alegacións ao documento urbanístico. Poderán tamén a partir desa data asesorarase no antigo edificio do Conservatorio, onde os técnicos estarán a disposición da veciñanza en horario de 8:30 a 14:30 horas.

Logo da aprobación inicial do PXOM, no pleno extraordinario de febreiro, a publicación do documento no DOG marcará unha nova fase: a apertura da exposición pública e o período de alegación a partir do 21 de marzo.

O goberno local anuncia que facilitará á cidadanía todos os medios dispoñibles para que coñeza o plan e poida facer as súas alegacións. Durante os tres meses que durará este período de alegacións a veciñanza disporá tamén de técnicos na materia que lles explicarán todo o relativo ao planeamento urbanístico. Este servizo estará dispoñible de luns a venres de 8:30 a 14:30 horas.

Porase en funcionamento a maiores un visor dixital ao que poderán acceder na páxina web do Concello, tanto desde as súas casas como acudindo á oficina de información do PXOM. Dun xeito cómodo os veciños e veciñas poderán buscar a través deste visor as súas parcelas “cun funcionamento moi sinxelo e intuitivo”, apunta o concelleiro de Urbanismo Antonio Cabaleiro. Tamén estará a disposición da cidadanía un modelo base de alegación.

Outra das fórmulas para dar a coñecer o PXOM serán as reunión informativas nas parroquias nas que xunto co equipo técnico redactor do plan abordaranse cuestións máis xenéricas como os camiños ou as actuacións que en cada un dos lugares estea previsto realizan dentro do plan e que sexan de interese xeral.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará