Co obxecto de favorecer a conciliación das familias a Concellería de Igualdade de Soutomaior pon en marcha o espazo concilia que funcionará os días 25, 26 e 27 de marzo e o 1 de abril en horario de 9:00 ata ás 14:00 h. coa posibilidade da aula matinal de 8:00 a 9:00 h., para aquelas persoas que así o soliciten, e aula de mediodía con amplitude de horario ata ás 15:00 h.
O concello de Soutomaior abrirá as inscricións o luns 4 de marzo e as persoas interesadas terán de prazo ata o día 14 par se inscribir na páxina web de Soutomaior neste enlace.
Dentro do horario do programa intercalaranse actividades lúdicas, educativas, deportivas, xogos e obradoiros, actividades ao aire libre sempre que o tempo o permita e sempre traballando baixo a perspectiva de xénero dunha maneira dinámica e participativa. Un Espazo Concilia que se levará a cabo no Centro de Benestar Integrado (Multiusos) e que contará con 50 prazas para as crianzas do concello.