Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP insta ao goberno local a retomar o desfile de comparsas

comparsas cxhapela

Neste Entroido 2024 tan só Chapela puido gozar das comparsas no Enterro do berete

Solicitan á alcaldesa Digna Rivas a reconsiderar a decisión de suspender esta cita do Entroido que estaba prevista se desenvolvese na xornada de onte. Aseguran que detrás desta decisión de suspender o desfile definitivamente “podería estar a situación económica do concello que no mes de xaneiro tiña sen pagar facturas da Festa do Choco ou da Festa da Coca e outros eventos culturais do ano pasado”.

O Partido Popular mostra o seu desacordo coa cancelación do tradicional desfile de comparsas e solicita á Alcaldía que reconsidere esta “decisión inxusta que carrexa un grave prexuízo para os compoñentes das comparsas e para a hostalería local”.

Explican que son moitas as persoas que invisten tempo, esforzo e diñeiro na elaboración de traxes e carrozas así como moitas as semanas dedicadas a preparar e ensaiar coreografías e que con esta decisión “non só se lles impide mostrar o resultado do seu traballo, senón que se lles priva da posibilidade de recuperar parte do diñeiro investido en manter esta tradición”.

Lembran tamén que o desfile de comparsas é un foco de atracción para multitude de visitantes que se achegan ao noso pobo, proporcionando unha inxección económica importante para a hostalería de Redondela, á que tamén se está prexudicando coa cancelación.

Por todo isto que o Partido Popular de Redondela “recollendo o sentir de moitos dos afectados”, solicita ao goberno local que reconsidere a súa decisión, e acorde coas afectados unha data para que todos os redondeláns poidan gozar, tamén este ano, da celebración do desfile de comparsas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará