Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cinco detidos por violencia de xénero en menos dun mes en Redondela

poli

Axentes da Policía Local de Redondela interviron na tarde deste sábado na detención de dous varóns por dous delitos relacionados coa violencia machista, un de 45 anos en Cesantes e outro de 41 anos nas proximidades da rotonda de Vilavella. Dous novos casos que se suman a outras tres detencións que tiñan lugar na última quincena de febreiro.

No primeiro dos casos os axentes foron alertados polo 112 Galicia da denuncia dunha muller en Cesantes que fora agredida pola súa parella coa que está en proceso de divorcio. O home, de 45 anos de idades foi detido e trasladado a dependencias policiais.

O segundo dos casos producíase tamén na tarde do sábado cando un veciño alertaba dun home que estaba forzando un portal na rúa Pai Crespo. A continuación este varón dirixiríase cara a zona da rotonda de Vilavella causando danos nun local comercial. O home que tiña interposta unha orde de afastamento da súa exparella rompeu o dispositivo móbil de localización e a pulseira que portaba como medida preventiva sendo detido polos altercados protagonizados e por un quebrantamento da condena interposta polo xulgado.

Con estes dous casos son xa 5 os varóns detidos por delitos relacionados coa violencia de xénero nas últimas tres semanas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará