Hoxe é Mércores 15 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP abandona o pleno en medio dun cruce de acusacións no debate sobre o 8M

pleno 29

A bancada do PP quedou baleira no tramo final do pleno

A moción presentada polo BNG co gallo da conmemoración do Día da Muller acabou nun acendido debate entre as bancadas do PSOE e o PP logo de que a concelleira socialista Iria Vilaboa animase aos populares a inscribirse no curso de Igualdade que organiza o concello por entender que “precisan urxentemente deste tipo de formación”. Unhas alusións que os populares entenderon como “unha falta de respecto” polo que decidiron abandonar a sesión.

O enfrontamento comezou ao acusar Iria Vilaboa aos populares de empregar o termo “machista” de xeito frívolo cando o empregaron para definir a actitude do voceiro do BNG no pleno anterior por acusar de comportamento antidemocrático á popular Ana Alonso na xornada electoral do 18F.

Iria Vilaboa, PSOE

Interviña Alonso quen criticaba o “feminismo de pancarta do PSOE” e a continuación falaba a tamén popular Sandra Bastos quen, antes de levantarse xunto ao resto do seu partido, argumentaba que “o noso grupo político está farto de aguantar faltas de respecto, non imos consentir que nos digades que precisamos de facer cursos de igualdade nun debate sobre o feminismo”.

Sandra Alonso, PP

A decisión do PP de abandonar o pleno era cualificada pola nacionalista Jessica González de “puro teatro” para reiterar que é preciso seguir traballando pola igualdade con mocións como a presentada polo seu partido e lembraba unha vez máis que non é de recibo que algúns grupos empreguen o termo machista cando reciben algunha crítica “as mulleres tamén estamos sometidas a crítica”. 

Jéssica García, BNG

Para AER a “fuxida do PP só busca un rédito partidista”, aproveitaba a súa intervención tamén para apoiar ao voceiro do BNG Xoán Carlos González “porque non vemos no acontecido comportamento machista” e reclamaban que se rebaixe a tensión que se está a vivir ultimamente nos plenos.

Roberto Villar, AER

A moción saíu adiante cos votos a favor de BNG, PSOE e AER, os únicos tres grupos presentes cando se deu paso a votación.

Os acordos aprobados pasan por apoiar as convocatoria do feminismo galego, esixir do goberno municipal a aprobación do Plan de Igualdade do Concello paralizado dende o 2016, elaboración dunha análise da situación laboral das mulleres redondelás co obxecto de realizar medidas concretas para favorecer a súa inclusión no mercado laboral, creación dun programa para dar a coñecer referentes feministas en Redondela con campañas permanentes nos centros educativos e instar á Xunta a que se implementen medidas que favorezan a igualdade.

Acordos moción BNG
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará