Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela acolle o XIX Memorial Paco Fenosa 

33691170_1555627234565882_2161722899105316864_n

Foto de Máximo Exposito

O C.R. Chapela organiza esta domingo a regata de traiñeiras en memoria do que fora o primeiro presidente do club de remo Francisco Alonso Loureiro. Participarán embarcacións de toda Galicia nas categorías masculina, feminina, base e veteranos.

As probas que forman o programa disputaranse con sistema contrarreloxo con saídas dos equipos a intervalos dun minuto. Como é habitual divídese en quendas por categorías con saída dende o Paseo de Cardona. A primeira comezará ás 11.00 horas, para as categorías base e veteranos que farán un percorrido de 4 km. Na segunda quenda, ás 11.30 horas, participarán as traiñeiras da categoría Feminina que farán os 5,5 km oficiais.  A derradeira vez sae ás 12:00h coa participación das traiñeiras sénior masculinas que farán tamén os 5,5 km oficiais.

O ano pasado as tripulacións da S.D.Tirán-Pereira, na categoría feminina, e o C.R Cabo de Cruz, na masculina, proclamáronse campións da XVIII edición deste memorial de traiñeiras. O CR de Chapela quedou segundo, polo que  tentará arrebatar o podio aos de Boiro.

A proba está consolidada como “unha festa do remo” para a parroquia, na que os deportistas dos diferentes clubs galegos se dan cita para “medir forzas” na categoría raíña neste inicio de tempada. Dende o club confía en igualar ou mesmo superar a participación de embarcacións do ano pasado, con máis de trinta traiñeiras. De momento non hai cambios, a pesar do prognóstico polo mal tempo- Dende o club actualizarán calquera variación nas redes sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará