Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O voluntariado medra en Redondela

voluntariado

O Plan de voluntariado municipal posto en marcha dende a concellería de dirixe Pilar Martínez conta con máis de vinte persoas inscritas. Un número que a edil confía que siga medrando unha vez que a iniciativa está xa en marcha e que está a chegar tamén ás parroquias “onde a resposta está a ser moi positiva”. O obxectivo é “crear unha rede solidaria que permita actuar en diferentes ámbitos e que dea cabida a todas as sensibilidades e perfís “queremos que todas as persoas participantes se sintan cómodas na súa acción de voluntariado xa sexa traballando con maiores, con mozos e mozas, en actuacións medioambientais… todo o mundo que queira colaborar terá o seu oco”.

Pilar Martínez, Concelleira

Homes e mulleres de diferentes idades xa se uniron a esta iniciativa. É o caso de Victor Manuel Fuentes, un veciño da vila moi implicado co medio ambiente que se sumou ao proxecto precisamente co obxecto de colaborar en aquelas iniciativas que se propoñan neste eido. Pon como exemplo de posibles actuacións a limpeza dos ríos ou dos montes.

Víctor Manuel Fuente, voluntario

Josefa Calvar é auxiliar de xeriatría e está, polo tanto, moi vinculada cos maiores. Entende que “dedicarlles unha hora do noso tempo vai beneficiar a ambas as dúas partes”.

Josefa Calvar, voluntaria

Insiste Pilar en que todos os voluntarios e voluntarias contarán con formación previa “xa sexa para acompañar a persoas maiores ou con mobilidade reducida, xa sexa para desenvolver actuacións sobre o patrimonio ou no medio ambiente, é preciso que exista unha formación para garantir que as cousas se fagan ben “porque non chega con ter boas intencións”. Neste sentido engade que todas as persoas participantes contarán tamén con seguro.

Formación e acción

A primeira das actividades previstas será en colaboración con Ecoloxistas en acción a partir de abril. Participará a rapazada de 5º de primaria dos centros educativos nunha acción de limpeza do areal de Cesantes. En total participarán un cento de rapaces e rapazas que coñecerán así a riqueza existente na praia e concienciaranse sobre a enorme cantidade de lixo, particularmente de plásticos, que acaban no fondo da ría.

Limpeza das praias
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará