Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Banco de Alimentos busca 50 voluntarios en Redondela para o Zampaquilos solidario

zampakilos

Desenvolverase os días 8 e 9 de marzo nos supermercados de Vegalsa-Eroski. Para participar como voluntario nesta Operación Kilo só se require contar con catro horas libres o venres ou o sábado 9 e 10 de marzo e apuntarse na web: https://bancoalimentosvigo.org

A Fundación Provincial Banco de Alimentos busca cincuenta voluntarios en Redondela para colaborar coa campaña o Zampakilos Solidario, que se desenvolverá na segunda fin de semana de marzo nos dous establecementos do municipio da cadea de alimentación galega Vegalsa- Eroski (Eroski e Autoservicios Familia) e que será a primeira Operación Kilo que celebran neste 2024.

Organizada por octavo ano consecutivo por parte da compañía galega de distribución alimentaria, a marea azul do Banco de Alimentos participará nesta campaña de xeito presencial no Eroski Center no centro da vila e no Autoservicios Familia, en Reboreda.

En toda a provincia mobilizaranse máis de 700 voluntarios, e no caso de Redondela precísase de 50 persoas que deben inscribirse previamente a través da web: https://bancoalimentosvigo.org ou chamando ao 986263022.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará