Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rueda visita Partenón co gallo do 65 aniversario da empresa

IMG20240221123503

O actual director da empresa Partenón, Alejandro Marques de Magallanes, invitou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a unha visita pola fábrica de textil co gallo do 65 aniversario da compañía. Ambos dirixentes, no ámbito empresarial e no político, compartiron a visión  de Partenón como un gran baluarte do tecido industrial e como mostra  de “Galicia Calidade”.

A compañía, refire o director xeral, está “no seu mellor momento. O futuro é esperanzador para  a industria en España e en Galicia”. O balance do ano 2023 demostra o crecemento da empresa co aumento da demanda en toda Europa dos seus produtos “pola calidade que ofertamos”.

 Alejandro Marques de Magallanes

Durante a visita guiou aos representantes da institución autonómica polas instalacións e ensinaron mostras dos traxes oficiais que fabrican indicando que “a calidade pódese ver nos materiais e na durabilidade . Unha prenda, como pode ser a chaqueta que se elabora para os bombeiro, dura máis de 7 anos de uso”.

 Alejandro Marques de Magallanes

 Alejandro Marques de Magallanes colleu as rendas da empresa familiar no 2018 e desde entón, como prognosticaba o seu pai e fundador, o crecemento continuou en base á innovación e a calidade como lemas do proxecto desde os seus inicios . Non só xeran os seus produtos, tamén ofrecen novos servizos como softwares especializados para a industria téxtil e maquinaria patentada pola empresa para a fabricación de teas específicas.

Traballan de forma monitorizada en todos os procesos polos que pasa unha peza, teñen reporte inmediato en todas as fábricas e continúan a liña comercial de forma internacional chegando a países como Portugal, Italia, Bélxica, Suecia, Alemaña, Malta ou Finlandia. Sagres tamén se fixo con diversos pedidos para policías locais ou autonómicas de zonas como País Vasco, Bilbao, Barcelona ou Sevilla. No ano 2021 máis de 250.000 policías vestíronse coas pezas de Partenón.

O  presidente da Xunta quixo lembrar a figura de Adriano Marqués de Magallanes, fundador de Partenón e pai do actual responsable executivo da empresa, que faleceu o pasado decembro.

Alfonso Rueda

Alfonso Rueda, avalou hoxe o labor da empresa. Puido observar de primeira man o traballo desta compañía líder no sector da subministración integral de vestiario coa que a Xunta de Galicai tamén traballa. Unha visita que dixo “tiña moitas ganas de facer”.

Alfonso Rueda

O titular do goberno galego destacou a capacidade de competitividade da empresa dirixida por Alejandro Marqués de Magallanes, á que destacou como “representante de tantas empresas familiares que hai en Galicia.”

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará