Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O redondelán Chus Guedella amosa os seus retratos con boli Bic no local Espaço Vivo

chus guedella

Chus Guedella no local Coworking onde amosou a súa obra

A inauguración terá lugar este xoves 22 de febreiro ás 20:30 horas e será unha oportunidade de achegarse aos retratos hiperrealistas realizados por Guedella e doados á asociación Apamp (Asociación de familias e persoas con parálise cerebral).

Arte e gastronomía vegana concílianse no local de Espaço Vivo no Camiño do Fixón 64, na parroquia de Negros. Nesta ocasión a proposta artística corre a cargo do redondelán Chus Guedella quen presenta este xoves ás 20:30 horas unha exposición de retratos elaborados con boli Bic.

Con formación como deseñador, no inicio o seu estilo era máis caricaturista evolucionando cara o hiperrelismo, estilo no que se enmarcan os retratos, principalmente de actrices e actores galegos, que poderemos ver nesta mostra.

De feito, Chus Guedella concilia o seu traballo en produción audiovisuais con este hobby: debuxar con boli Bic.

Toda a colección de retratos que podemos ver no Espaço Vivo foi doada a asociación APAMP, centrada en contribuír ao desenvolvemento da vida das persoas con parálise cerebral prestando os apoios necesarios tanto aos afectados como as súas familias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará