Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Plastic Omnium moi preto do ascenso

417418838_890841436384118_2325968122087307306_n

O equipo de Primeira Autonómica Masculina da SAR atópase nunha situación de empate co Poio Artai no primeiro posto. Os de Manolo teñen moitas posibilidades  de  ascender e voltar a Primeira Nacional se conseguen gañar o resto de partidos que serán decisivos.

SAR Plastic Omnium leva 16 de 22 xornadas xogadas e cun total de 12 partidos gañados. Xa na segunda volta, os resultados reflexan só dous partidos perdidos e un empate. Concretamente empataron contra o Poio Artai, principal rival nestes momentos, cun resultado de 22 fronte a 22. Tamén perderon en xornadas fóra da casa contra o Magope Seis do Nadal e O Grove Paraíso Rasoeiro. Agora recibirán a estes tres equipos na Bomboneira e, segundo o adestrador, “ hai posibilidades de gañar.

SAR Plastic Omnium

A fin de semana pasada lograban impoñerse na súa visita a Guarda cun resultado de 18 fronte a 25. Logo dun primeiro tempo de imprecisións e erros e cun resultado en contra de 6-2. Na segunda metade, melloraron aínda máis o ámbito ofensivo e colocaron no marcador unha renda de 10 tantos sobre o seu rival (10-20), o que permitiu ao equipo xogar con máis tranquilidade e facer máis rotacións no banco. O técnico valora este partido como positivo pero di “ser consciente dos problemas que teñen na pista”. Manolo sinala que a debilidade do seu equipo está “nos altibaixos no campo e na falta de regularidade”.

Manolo, destrador SAR Plastic Omnium

Para poder competir na liga superior, no caso de chegar a ascender, teñen que traballar estes puntos débiles e recuperar a calidade que foron perdendo nas anteriores tempadas. A pesar disto, atópanse “ilusionados e con forza”.

SAR Plastic Omnium

No que vai de tempada houbo lesións leves como a de Javi que está recuperándose  dun problema no ombro. Houbo tamén algunha baixa por motivos persoais, pero sen maior desaxuste para a plantilla. O adestrador espera recuperar a Javi cara o final da tempada e síntese seguro gracias “ao apoio do equipo xuvenil”.

SAR Plastic Omnium

A próxima xornada xogan contra o Magope Seis do Nadal e na seguinte haberá un Derbi contra Chapela. Estes dous partidos serán moi interesante porque na primeira volta o Chapela máis o Magope foron os que aloxaron aos rapaces da SAR do primeiro posto. Para recuperar os puntos e coroarse como campións de Primeira Autonómica teñen que gañar estes partidos na casa e piden apoio da afección para “encher a Bomboneira e animar aos xogadores nun momento que é moi importante nesta tempada”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará