Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha luz non identificada desata todo tipo de teorías na rede

estela

Un meteorito, un satélite ou un bólido, eras as teorías que se manexaban por parte dos internautas á hora de identificar a luz que se podía ver na tarde de onte dende diferentes puntos de toda a provincia. As redes enchéronse de fotografías que recollían a estela en forma de nube que se podía ver no ceo ao redor das 19:30 horas e cuxa orixe non foi confirmada.

A media tarde de onte as redes enchéronse de imaxes primeiro dunha luz brillante e a continuación dunha estela de fume. Os usuarios das redes non deixaban de preguntarse que podía ser aquilo que se veía no ceo e que semellaba unha gran bola de lume ou a estela dun satélite ou un meteorito ao cruzar a atmosfera.

Con todo, a teoría que cobrou máis forza era a que falaba dun “bólido” un cacho de rocha  procedente do espazo que entraba na atmosfera e a causa da fricción quéntase e estoupa deixando unha  estela como a que se podía ver no ceo este domingo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará