Hoxe é Martes 14 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A dixitalización nas aulas, debate aberto

aulas ordenadores

O acordo no ensino é unánime en canto a que hai un exceso no uso de pantallas, pero tamén que é imprescindible que o alumnado adquira competencias dixitais para adaptarse a un mundo no que estas ferramentas son imprescindibles. Para debater e poñer en común puntos de vista diversos, dende a Federación de Anpas de Redondela súmanse a unhas xornadas que se van desenvolver o vindeiro 24 de febreiro no museo Verbum en Vigo pero que poderán seguirse tamén en streaming.

A dixitalización nos centros educativos supón un avance importante na necesidade de que rapaces e rapazas teñan competencias nestas ferramentas. Con todo, a desaparición doutros materiais como poidan ser os libros de texto tamén provoca un debate sobre a merma doutras competencias como a escritura ou a comprensión lectora. A maiores tamén se formula a problemática de que os alumnos empreguen so ordenadores con fins non didácticos senón para xogos ou redes sociais.

José Manuel Lago, Federación Anpas Redondela

A postura defendida dende as Anpas pasa por defender un sistema mixto “é preciso a presenza de medios dixitais para dar competencias ao alumnado pero ao tempo debe combinarse con metodoloxías máis clásicas” explica o presidente da Federación de Anpas de Redondela, José Manuel Lago, quen lembran que o sistema empregado en colexios e institutos, o Edixgal, foi moi beneficioso en canto a implantación da dixitalización nas aulas pero se fixo sen un plan axeitado.

Dende a Federación defenden “un modelo que manteña o sistema dixital pero cunha maior regulación en canto ao uso das pantallas”. De feito dende o colectivo Foanpas, no que se atopan as anaps de Redondlea, veñen solicitando da Consellería de Educación un cambio no modelo tras constatar unha merma nas capacidades lectoras e de comprensión dos cativos.

Un debate a maiores é o mal uso que algúns rapaces poidan dar a este ordenadores e tablets que empregan nas aulas e que incluso poderían dar lugar a episodios de acoso.

De todo isto falarase nas xornadas “A dixitalización na escola a debate” que terán lugar o 24 de febreiro en horario de 10:00 a 18:30 horas e nas que participarán profesores universitarios así como mestres, orientadores educativos e asesoras en innovación educativa e dixital. Inscrición aquí.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará