Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O comercio local ofrece unha campaña especial por San Valentín

san valentín

Baixo o slogan “Agasállallo, agasállacho” os comercios da Asociación de Empresarios presentan ideas a pares para celebrar este San Valentín mercando no comercio local. Uns establecementos que presentarán unha decoración especial co gallo desta celebración apostando por elementos respetuosos co medio ambiente: globos en forma de corazón totalmente biodegradables.

Impulsados polo lema “agasállallo, agasállacho” os comercios adheridos a campaña buscan que a persoa compradora pense non só na súa parella senón tamén en si mesma, podendo ademais aproveitarse de singulares promoción por mercar ambos produtos da promocións.

Aproximadamente o 50% dos produtos enmarcados nesta promoción teñen prezos especiais comprando ambos, aínda que tamén se poden mercar por separado.

A clientela poderá consultar todas a propostas de agasallos tanto a través das redes sociais da entidade como no marketplace da Asociación de Empresarios de Redondela.  Os produtos estarán dispoñibles tanto para a compra en tenda como online. No caso de que o produto estea dispoñible para a compra online o marketplace da asociación enlaza directamente coa pasarela de pago de cada tenda.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará