Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Propoñen a declaración da Festa da Cacheira como Festa de interese turístico de Galicia

festa cacheira

A proposta do PSOE de Pazos de Borbén será debatida no pleno municipal que este concello celebra este xoves día 8. Lembran os socialistas que dende hai anos concello e hosteleiros do municipipo uníronse para crear este evento singular que promove a localidade dando a coñecer a súa gastronomía e favorecendo a chegada de visitantes.
A festa da cacheira celebrará este ano a súa XXIII edición, sendo a cita gastronómica máis popular de Pazos é unha das festas culinarias máis consolidadas do inverno en toda a provincia. Malia que a data de celebración non é fixa no calendario adoita ter lugar no mes de marzo nunha xornada na que os asistentes poden degustar a “cacheira” ou “cachucha” como manda a tradición: cocida e troceada, con acompañamento de patacas, chourizo e grelos.
Co obxecto de darlle maior pulo, o PSOE de Pazos proporá ao pleno que se solicite á Xunta de Galicia o recoñecemento desta celebración como Festa de Interese Turístico de Galicia. Entenden que esta declaración servirá para promover a celebración dándolle a esta cita un selo de calidade que servirá para destacar a Festa da Cacheira a nivel rexional e nacional.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará