Hoxe é Domingo 3 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Kickboxing Arcade fai historia con 40 ouros no Campionato Galego

425745923_6929145980528341_7204801818311391188_n

O Club de Kickboxing de Arcade  participou a pasada fin de semana con 36 deportistas no Campionato Galego Kick  Boxing Tatami Sport  2024 celebrado en Marín. Acumularon 40 ouros,  20 pratas e 20 bronces repartido entre os deportistas das distintas categorías. Desta forma clasifícanse para o Campionato Nacional demostrando o potencial dos competidores e o crecemento do club.

Esta non é a primeira vez que o Club de Arcade, con 30 anos de historia, acumula un palmarés tan extenso e sitúanse como un dos mellores a nivel comunitario e nacional. Manuel Álvarez, fundador do club e director técnico, explica que este ano participaron en 4 probas de nivel tendo que subir a algúns competidores de rango de peso por non ter rival na súa categoría. Ademais, non puideron participar en todas as probas por non estar de acordo con algunhas delas, senón “o medalleiro sería máis elevado”.

Un dos membros máis recoñecidos do club é Anxo Vidal, subcampión do mundo en Light Contac, que gañou os 4 ouros das probas antes de rematar o enfrontamento co rival, porque “os xuices decidiron de forma unánime parar a proba pola clara superioridade técnica do deportista”.

O técnico quixo poñer en valor a participación feminina que é un referente nesta disciplina. As rapazas do club destacan de forma internacional e concretamente Verónica Álvarez acumula, dende os 5 anos de idade ata os 28 que ten a día de hoxe, 22 medallas de ouro pola súa participación anual no Campionato de España.

Despois deste certame a nivel comunitario clasifícanse para o Campionato de España Tatami Sport e Muaythai que prevese celebrarse a finais de xuño. Unha cita habitual para os deportistas do club e na que o ano pasado gañaron 27 medallas individuais. Nestes momentos son o club que máis distincións de ouro aportan á Selección Galega.

Medallas ouro en Sénior:

  • Álvaro Pardo 2 ouros.
  • Óscar Soto 1 ouro.
  • anxo Vidal 4 ouros.
  • Adrián Sabajanes 3 ouros.
  • Sofía Álvarez 1 ouro.

Medallas ouro en Junior:

  • Pablo Veiga 2 ouros.
  • Rubén De la Torre 1 ouro.
  • Gael Vidal 4 ouros.
  • Mía Sofía 4 ouros.
  • María Bouzón 2 ouros.
  • Ismael Villanueva 2 ouros.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará