Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ao apagón dixital de Chapela súmase a falta de asistencia técnica por parte de Telefónica

WhatsApp Image 2023-12-01 at 16.44.11 (1)

Jose Piñón veciño do barrio de Angorén en Chapela denuncia a situación de desconexión dixital na que leva desde setembro de 2023 por un problema técnico co cableado de Telefónica na súa zona do que a empresa non se responsabiliza.

A semana pasada un grupo de veciños da Subida ao Picoto da mesma parroquia denunciaban que este mesmo mes quedarán sen internet e sen liña telefónica pola negativa de Movistar a instalar na rúa os postes necesarios para o paso do cableado que lles permitiría acceder á fibra óptica. Unha situación que comparte Piñón e a que se suma a falta de asistencia técnica na súa zona co cableado de liña telefónica e de internet que “atópase tirado polo chan e colgando entre os tellados de dúas casas”, algo que supón “un perigo e un problema de desconexión para a veciñanza que se atopa sen o servizo básico de telefonía nin acceso a internet”.

Jose Piñón

En total as casas afectadas polo momento son 5, pero podería ir en aumento se únense máis veciños á protesta. Puxo 15 queixas á empresa Telefónica ás que hai que engadir as reclamacións mensuais dos cartos polo custo dun servizo que non están recibindo. A maiores puxeron unha reclamación na aplicación ‘Línea Verde’ e no Concello de Redondela, pero este “non ten competencia neste tipo de problemas técnicos dunha empresa privada”. O seguinte paso que se plantexa é denunciar ante Consumo ou ao Defensor do Pobo, porque se sinte “indignado e desprotexido”.

Jose Piñón

Este tipo de denuncias son cada vez máis comúns no municipio e instan ás institucións públicas a mediar ante o desplante da empresa que “está informada do problema, pero non actúa e continúa cobrando todos os meses unha cota por un servizo que non existe”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará