Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vitoria do CD Choco contra o Alternavia

WhatsApp Image 2024-01-19 at 13.57.51 (1)

A última xornada futboleira supuxo moitos cambios na tábao para os equipos das diferentes ligas. Estamos no comezo de segunda volta e aínda quedan 12 xornadas máis para rematar a tempada. Un único partido pode supoñer unha permuta importante na clasificación xeral pola proximidade de puntos entre equipos. No caso do CD Choco en preferente, loitan por manterse nos primeiros postos.

PREFERENTE

CP Alternavia – CD Choco (0-1)

O CD Choco xogou esta fin de semana fora da casa contra os últimos da clasificación, o CP Alternavia. O resultado foi de 0 fronte a 1, a favor dos de Redondela. Esta vitoria permítelles sumar dous puntos con moito valor que os despraza do oitavo posto ao cuarto e moi preto do podio. Na seguinte cita o Choco recibe ao Allariz.

PRIMERA GALICIA

Atlantida Matama –  CD Arcade (3-3)

O CD Arcade xogou o domingo  contra o Atlantida Matama, segundos da táboa. Un partido complicado polo nivel de xogo dos vigueses e que resultou nun empate a 3. Este resultado mantén ao CD Arcade na décima posición con 29 puntos. Na seguinte cita o Arcade recibe ao CCD Chain.

SEGUNDA GALICIA

Atletico Combarro –  CD Cesantes (2-1)

O CD Cesantes continúa coa mala racha nesta segunda volta. Perderon contra o Atlético Combarro cun resultado de 2 fronte a 1. Estar de últimos na clasificación é unha situación complexa da que parece que non van saír cedo polos poucos puntos acumulados. Están moi preto do descenso. Na seguinte cita reciben ao Domaio FC.

CD Soutomaior – Zacande FC (2-0)

Na mesma liga, Segunda Galicia, o Soutomaior xogou o domingo na casa contra  o Zacande FC cun bo resultado de 2 fronte a 0. Suman dous puntos e suben dous postos na categoría. Sitúanse de quintos e con moi pouca diferencia con Unión Dena CF. A estas alturas da tempada todos os partidos son decisivos e poden significar un ascenso ou descenso moi rápido. A seguinte xornada xogan fóra da casa contra o Atletico Combarro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará