Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos renova a súa imaxe corporativa cun petróglifo

pazos logotipo

O goberno local presenta unha nova imaxe corporativa vinculada a súa riqueza natural. Así, o novo logotipo incorpora a representación dun petróglifo, símbolo identificativo do seu patrimonio local.

Dende o Concello de Pazos de Borbén salientan que este cambio busca modernizar a súa imaxe e abrazar o futuro “cos pés ben asentados na súa esencia e identidade”. Apuntan dende o goberno local que o símbolo circular “representa á perfección a imaxe de unión, cooperación e comunidade”.

Un logotipo que é o primeiro paso, engaden, dunha iniciativa máis ampla encamiñada “á posta en valor dos nosos recursos e a visualizar as singularidades e historia de Pazos de Borbén”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará