Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno frea a creación dun punto limpo nunha parcela anexa ao cemiterio de Mañó

punot-limpo

A proposta do goberno local para o cambio de uso dunha parcela de 20.000 metros cadrados nas inmediacións do cemiterio de Maóo para a instalación dun punto limpo foi rexeitada por PP e BNG, deixando patente unha vez máis a situación de minoría do bipartito. As partidos da oposición instaron ao goberno a negociar este asunto coa veciñanza de Quintela e afirmaron que “no caso de que a parroquia estea de acordo con esta proposta, estaremos dispostos a aprobalo de inmediato”.

A proposta de PSOE e AER buscaba unha modificación de usos nun terreo propiedade do Concello que inicialmente estaba reservado para a ampliación do cemiterio. Con todo, o cambio de hábitos entre a poboación fai innecesaria aumentar o espazo para os soterramentos. Por ese motivo, dende o goberno local entenden que empregar parte da parcela na instalación dun punto limpo serviría para dar resposta a unha demanda da veciñanza. Salientaban tamén que no caso de non aprobarse a proposta antes da aprobación inicial do PXOM (prevista para o mes de marzo) habería que pospoñela “alo menos durante dous ou tres anos” tal e como explicaba dende AER, Roberto Villar.

Roberto Villar, AER

Baterías, restos de obras, restos vexetais, cartón, roupa… o punto limpo recollería todo ese tipo de material e a súa construción suporía un investimento de 350.000 euros. O concelleiro de Urbanismo, Antonio Cabaleiro defendía tamén a ubiciación “xa que é de doado acceso para todos os veciños que tanto demandan este servizo, ou incluso para camións cunha estrada nacional que lle da acceso”.

Antonio Cabaleiro, PSOE

O edil do BNG, Xoán Carlos González, malia recoñecer a necesidade deste punto limpo poñía a dúbida a idoneidade dos terreos elixidos porque ao seu entender esta ubicación debería negociarse coa veciñanza de Quintela “incluso ofrecéndolles contrapartidas tendo en conta que este tipo de instalación sempre teñen os seu prexuízos”.

Xoán Carlos González, BNG

Reclamaba tamén o PP que se consultara esta cuestión coa veciñanza de Quintela “isto ten un impacto grande, se no Consello Parroquial o aproban nos darémoslle o noso voto a favor” afirmaba o edil Miguel Ángel Ballesteros.

Miguel Ángel Ballesteros, PP
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará