Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asemblea pola Sanidade de Redondela freta autobuses para a manifestación en Santiago

sanidade

Pedir cita no centro de saúde de Redondela para o médico de familia supón ter que agardar cando menos dez días. Concretamente, se un paciente tenta este mércores solicitar unha revisión a data máis próxima na que podería ter atención sería o vindeiro 9 de febreiro. O mesmo acontece se solicita unha revisión cun médico pediatra. Situacións como esta é o que levan a convocar para o vindeiro domingo 4 de febreiro unha nova manifestación que partirá ás 12:00 horas dende a Alameda de Santiago de Compostela en defensa da sanidade pública.
Unha protesta convocada por unhas 50 organizacións de toda Galicia “contra o desmantelamento da Sanidade” do que responsabilizan ao goberno galego. Dende o colectivo Pola defensa da sanidade pública de Redondela poñen a disposición da veciñanza un autobús que partirá dende a gasolineira de Amoedo en pazos as 9:45 con parada na Farola en Redondela as 10 e en Chapela, no centro de saúde, ás 10:15 a un prezo de 5 euros. Requírese reserva no número de teléfono 638259974.

A convocatoria busca a mobilización social para que dende a administración se adopten un total de trece medidas de xeito urxente: incremento do orzamento sanitario, especialmente en Atención Primaria; incremento do persoal de medicina familiar, pediatría e enfermería; reforzo do número de ambulancias asistenciais e medicalizadas; un plan de racionalización das listas de agarda así como a garantía de que a atención á dependencia se leve a cabo dende a sanidade pública. Reclaman tamén a reintegración dos servizos privatizados e recuperación do hospital Álvaro Cunqueiro ao sistema público e frear a precarización do sector sanitario, entre outras demandas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará