Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Derrota do Choco ante o Ponteareas

WhatsApp Image 2024-01-19 at 13.59.36 (2)

Redondela viviu unha fin de semana futboleira e marcada polo bo tempo. Xogáronse todos os partidos na casa, pero sen vitorias na súa totalidade. O CD Choco perdía en Santa Mariña contra o JUV Ponteareas e no campo do CD Cesantes celebrábase un derbi que rematou a favor dos de Soutomaior. O CD Arcade foi o que mellor saíu parado desta xornada cunha vitoria ante un rival en superioridade de puntos como é o CD Beluso.

CD Choco – JUV Ponteareas (2-4)

O Choco non puido sumar puntos na vixésima xornada de liga ante un rival moi preciso de cara a porta. Os de Redondela non conseguiron materializar as ocasións na segunda parte e acabou sucumbindo ante un rival directo. O resultado foi de 2 fronte a 4, a favor dos de Pontearea, polo que non suman ningún punto na táboa e mantense de quintos na clasificación xeral. O 4 de febreiro teñen unha posibilidade de sumar puntos se gañan ao C.P. Alertanavia, últimos da liga Preferente.

PRIMERA GALICIA

CD Arcade – CD Beluso (2-1)

O Arcade gañaba na casa contra o Beluso e mantéñense no décimo primeiro posto da táboa con 28 puntos. Unha posición complexa que abrangue moitas posibilidades de cambio ao estar tan axustados uns equipos de outros. A próxima xornada xógana fóra da casa. Este será un partido complicado ao enfrontarse ao segundo do grupo, o Atlantida Matama.

SEGUNDA GALICIA

DERBI: CD Cesantes – CD Soutomaior (0-4)

O Soutomaior destacou no derbi fronte ao CD Cesantes conseguindo marcar 4 goles e impedindo a posibilidade de gol aos redondeláns. Con este resultado o Cesantes mantense de último na liga con 11 puntos, mentres que o Soutomaior seguen crecendo e sitúase de sétimos.

A próxima xornada, domingo 4 de febreiro, o CD Soutomaior xoga contra o Zacande FC e o CD Cesantes contra o Atletico Combarro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará