Hoxe é Luns 13 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP esixe a reapertura da investigación sobre a “documentación falsificada” porque se pechou en falso

pp

Javier Bas ameaza con ir á Fiscalía por entender que o informe do Secretario sobre a suposta documentación falsificada presentada polo Concello a unha subvención “acumula numerosas contradicións e é manifestamente incompleta”. Como dato máis relevante apunta a que non se chegou a tomar declaración á persoa que se identificou como responsable da manipulación dos supostos documentos falsificados.

A investigación interna aberta polo Concello de Redondela para tentar esclarecer a suposta presentación de documentación falsificada a unha subvención para a reforma de Abastos “pechou en falso para tapar as irregularidades detectadas”. Así o entenden no Partido Popular que cualifican de “incrible” que unha auditoría interna se peche “sen chegar a identificar claramente aos responsables do acontecido, sen sacar conclusións e sen depurar as responsabilidades que correspondan, tal e como se comprometera a alcaldesa”. A popular Ana Alonso lembra que estamos ante “temas moi graves polo que non pode quedar sen aclarar a identidade dos responsables”.

Ana Alonso, Concelleira do PP

Un informe no que, malia concluir que a firma do arquitecto no expediente da subvención foi manipulada, tamén se afirma que non hai “responsabilidade penal” nin hai “datos suficientes para facer unha valoración”, contradicindo o informe pericial e sen chegar a realizar as probas aconselladas polo perito independente. Nes te sentido apuntan os populares como especielmente chamativo que falte a declaración “da persoa da máxima confianza de Digna Rivas que nese momento formaba parte da corporación municipal e que efectúa ata 20 modificacións en dito expediente”.

Javier Bas, voceiro do PP

Subliñan os populares que esta persoa foi requirida polo concello para que aportase información sobre o expediente manipulado pero non atendeu ao requirimento. Con todo “dende o Concello non se fixo unha nova tentativa para que puxese a disposición do instrutor a información e as probas que puidese ter no seu poder”.

Por todo o exposto, presentarán unha moción solicitando que se reabra o expediente de investigación e se practiquen as probas recomendadas polo perito para identificar ao responsables ou responsables da manipulación do documento. Trasladan tamén esta documentación aos servizos xurídicos para valorar o seu traslado a Fiscalía no caso de que non se atenda a súa petición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará