Hoxe é Martes 14 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno de Pazos non logra sacar adiante a modificación puntual do polígono de Amoedo

pazos

A proposta non saíu adiante ao votar en contra PP e PSOE. Os populares alegan que malia estar de acordo co fondo da cuestión decidiron votar en contra da modificación puntual urbanística do polígono de Amoedo “polas numerosas eivas da proposta presentada polo goberno local, xa que non se tivo en conta o cambio de titularidade deste recinto, hai unha absoluta falla de información técnica e os prezos dos accesos e demais obras aparellados á mesma están completamente desactualizados”.

A debilidade do goberno de Luciano otero, que ocupa a alcaldía de Pazos en minoría, volveu quedar patente na xornada de onte no pleno extraordinario no que se abordaba a modificación puntual do polígono de Amoedo. A voceira municipal do PP de Pazos de Borbén, Eloísa Nogueira, explicou que esta proposta de modificación puntual xa foi tramitada hai sete anos polo seu grupo desde o goberno local e lembrou que o actual alcalde, Luciano Otero, votou en contra da mesma, polo que se pregunta polos motivos do seu cambio de postura.

En todo caso, estando de acordo no fondo da cuestión, a concelleira popular deixou claro que non a poden respaldar nas actuais condicións, xa que os terreos cambiaron de titularidade hai cinco anos por sentencia xudicial, pasando de ser públicos a pertencer á comunidade de montes, e ademais o goberno local negouse a convocar unha reunión informativa cos técnicos para abordar o contido xurídico e urbanístico da proposta.

Engadíu que outro grave problema radica en que o executivo mantivo o orzamento de 600.000 euros, fixado hai sete anos, para os accesos, a humanización e as obras necesarias e indicou que esa contía é claramente insuficiente pola crecente inflación destes anos e o aumento do custo dos materiais, “polo que se pode xerar un grave problema económico ao Concello, pero é que ademais non aclararon quen pagaría a obra porque os terreos son privados e podería haber discrepancias por esta cuestión”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará