Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Irene deixa un regueiro de incidencias en Redondela

chuvia

A borrasca Irene sacudiu onte Galicia con fortes refachos de vento e intensas precipitacións que causaron numerosas incidencias, malia que ningunha delas de relevancia. Entres as máis salientables as árbores caídas, anegamentos no casco urbano e arquetas levantadas en diferentes puntos do municipio. Lamentar tamén danos materiais nun vehículo na Avenida de Redondela en Chapela sobre o que caeu o alumeado de Nadal que se desprendeu por mor do vento.

A primeira hora da mañá de hoxe operarios do Seis traballaban na retirada dunha árbores caída na noite de onte na Estrada que sube ao Colexio Vigo. Con todo, esta non foi a única incidencia salientable segundo informan dende a Policía Local. Os fortes chuvascos provocaron o levantamento de arquetas da rede do sumidoiro. Así, na zona do Salgueiral unha arqueta rebordou expulsando augas sucias e restos de lixo á vía pública.

Tamén se detectou outro incidente polo levantamento dunha arqueta no Camiño do Penisal en Chapela, unha zona con moita pendente, as tubaxes non soportaron tanta cantidade de auga e acabaron levantando causando danos a un vehículo que se desprazaba pola zona.

En trodo caso, incidencias menores nunha xornada na que se detectaron ventos en Galicia de case 150 km/h (concretamente o refacho máis forte rexistrouse en Ons con 147,7 Km/h).

Tamén importantes precipitacións como os máis de 60 litros por metro cadrado en Fornelos de Montes. Con todo, a consecuencia máis chamativa foi un pequeno tornado de vento que se formou no mar e que causou importantes danos materiais en Cambados cando tocou terra.

Hoxe espérase unha xornada máis calma, sen alerta por precipitacións pero si por ventos, empeorando a ondada a nivel laranxa nas Rías Baixas e na Costa da Morte.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará