Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros para recuperar o Entruido máis tradicional

soutomaior entroidio

Prestación do Entruido en Soutomaior

O Concello de Soutomaior arranca os actos vinculados coas festa do Entroido con tres obradoiros vencellados a esta época do ano. Os días 20 e 27 de xaneiro terá lugar o Obradoiro de preparación de comparsa municipal,  o sábado 20 as máscaras serán as protagonistas do obradoiro de “ganchillo” e o domingo 28 celebrarse un obradoiro de máscaras de Entruido. Inscricións na web do concello.

Rafael Quintía, antropólogo

Unha actividades previas a unhas celebración que se desenvolverán dende o 3 ao 13 de febreiro e que inclúen o Concurso de Comparsas o primeiro sábado do vindeiro mes. Un desfile no que se poden inscribir aqueles grupos interesados antes do 25 de xaneiro no rexistro do Concello e que rematará en Talo Río onde terá lugar a lectura do pregón a cargo do membro máis novo e o máis maior da comparsa municipal. A partir das 19:30 procederase á entrega de premios e a verbena coa Discomóbil Dolcevita.

O domingo 4 de febreiro ás 12:00 terá lugar unha sesión vermú, na Alameda de Talo Río, acompañada por un inchable infantil e espazo gastronómico con polvo e adegas locais.

O venres 9 de febreiro terá lugar o tradicional pasarrúas do alumnado do CEIP M. PadínTruiteiro dende o centro ata Talo Río, nunha xornada onde estas pequenas e pequenos contarán coa sorpresa dunha actuación musical. Ás 20:30 desa xornada, desde sábado 10 de febreiro, terá lugar a merenda- cea gastronómica na Casa do Pobo do Val do Sobral seguida dunha verbena.

Xa o domingo 11 de febreiro, o Galo (adaptado aos tempos actuais, será unha personaxe, non será un animal real en ningunha das súas recreación neste Entruido) percorrerá en procesión os barrios de Soutomaior, para rematar toda a veciñanza que participe nunha comida comunal. Xa pola tarde, o carro do Galo chegará a Talo Río onde terá lugar  tradicional corrida do Galo con xogos para todas as idades e moitas sorpresas, ao remate as e os asistentes poderán desfrutar dunha actuación musical.

E como colofón final, o martes de Entruido chegará marcado pola fiada e os mecos satíricos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará