Hoxe é Domingo 28 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Elvira Rivas (Érguete): “Prohibir os móbiles nas aulas non é unha solución, hai que educar”

thumbnail_Erguete-Redondela

A adicción ás novas tecnoloxías é a principal problemática tratada pola asociación Érguete durante os últimos anos. En 2023, a entidade compartiu con 167 adolescentes redondeláns e as súas familias ferramentas para controlar o tempo que dedican ás pantallas e protexerse dos seus perigos a través do programa “Comunidades en liña”.

Segundo un ultimo estudo, o 69% dos nenos e nenas supera o límite de tempo máximo de exposición ás pantallas recomendado polos expertos. Laura Durán , coordinadora do programa de prevención da asociación, explica que o máis importante é “resolver as dúbidas que teñen as familias á hora de xestionar cuestións como o tempo dedicado ás novas tecnoloxías e o tipo de contido ao que acceden os menores a través delas”.

A Xunta anunciou a prohibición do uso dos móbiles no tempo de lecer do alumnado nos centros educativos. Elvira Rivas , directora de Érguete, sinala que dende a entidade “non recomendan a  prohibición, senón a educación e o control no seu bo uso. Fai finca pé en “poñer normas e límites” dentro do ámbito das TIC.  Para Rivas “a mellor forma de educar  é dende o exemplo”, por iso aquí xogan un papel moi importantes as familias.

No último exercicio houbo un incremento moi grande da demanda dos servizos de Érguete a nivel provincial supoñendo pasar dos 6000 persoas atendidas en 2022 a máis de 8000 en 2023. Este aumento non é algo que consideren negativo, senón todo o contrario, porque “reflexa o interese da xente en buscar solucións a este tipo de  problemáticas.

O Concello de Redondela manterá a colaboración coa entidades de cara ao vindeiro ano para seguir traballando na prevención de adiccións e uso das novas tecnoloxías. Nestes momentos traballan con 18 Concellos da provincia de Pontevedra e o obxectivo é ir en aumento para chegar de forma máis coordinada ás persoas e sobre todo os adolescentes co fin de previr as conductas aditivas antes de que sexan un problema maior.

Aqueles Concellos interesados en colaborar con Érguete poden facelo a través do correo funderguete@fundacionerguete.org ou no teléfono 986 250 240986 252 580.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará