Hoxe é Sábado 11 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Polémica na primeira derrota do Choco na casa

WhatsApp Image 2024-01-15 at 14.03.45

CD Choco – Portonovo SD (2-3)

CD choco enfrontouse ao Portonovo no Campo Municipal de Santa Mariña nunha xornada decisiva que daba a posibilidade de ascenso ao segundo posto aos de Redondela. Sen embargo, a pesar do dominio local na primeira metade, o partido rematou cun resultado de 2 fronte a 3 en favor dos rivais. O árbitro sinalou dous penaltis claves para o Portonovo, mentres que optou por non seguir a mesma liña con tres accións en área rival. Todo isto supón unha baixada do choco á cuarta posición na clasificación xeral.

A primeira metade comezou cun forte dominio do equipo local. No minuto 7, Anxo Vilas marcaba o primeiro gol e a vantaxe non fixo reducir a intensidade do Choco, que seguiu xerando ocasións moi claras sen conseguir materializalas. Tras reclamar o equipo choqueiro dous penaltis por falta do porteiro visitante, unha man concedeu ó Portonovo a oportunidade de empatar o partido no minuto 41 dende o punto de penalti. A pena máxima foi materializada por Hugo Soto.

No minuto 77 o conxunto visitante marcou outro tanto que desfacía a igualdade de puntos. Aínda que, cara o final, o Choco conseguiu volver a poñer o empate no marcador. Foi no tempo de prolongación cando o colexiado sinalou un novo e polémico penalti para o Portonovo que materializou Hugo Soto.

A exaltación da afección local foi aínda maior cando Naya Rey, árbitro do Colexio da Coruña encargado de dirixir o partido, optou por non indicar a pena máxima nunha caída de Adri e amosarlle o segundo cartón amarelo e a conseguinte expulsión. Dende o club denuncia que “a actuación arbitral foi fortemente cuestionada pola afección choqueira e que permite ó Portonovo, segundo clasificado, despegarse un pouco máis do resto de competidores”.

Tras esta polémica derrota o Choco terá que repoñerse para conseguir os tres puntos na décimo novena xornada de liga ante Juventud Cambados. A cita deportiva terá lugar o 21 de xaneiro ás 16:30h no Campo Municipal de Burgáns.

EF Cobres – CD Cesantes (3-0)

O Cesantes perde contra o Cobres, sétimos na clasificación da liga Segunda Galicia, cun resultado de 3 fronte a 0. Desta forma, baixa un chanzo situándose de últimos na liga e moi preto do descenso.

SD Amencer – CD Soutomaior (2-2)

Na mesma liga, Segunda Galicia, o Soutomaior empata a dous contra a Sociedade Deportiva Amencer. Ata o de agora atopábanse na sétima posición empatados co Domaio. Tras esta última xornada baixan ata a oitava posición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará