Hoxe é Domingo 28 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os sindicatos anuncian mobilizacións ante a falta de persoal no Concello de Redondela

concellojpg

Denuncia a “deixadez do goberno local” en materia laboral con vinte postos aínda por cubrir e coa paralización das ofertas de emprego público dende o ano 2017.
As seccións sindicais CIG, CSIF, UXT e CCOO de Redondela critican a paralización das ofertas de emprego público así como a ausencia de negociación cos sindicatos no referente á falta de persoal na administración local. Denuncian a situación do cadro de persoa con “cada vez menos persoal” o que, aseguran, afecta directamente á atención ao cidadán e provoca o malestar xeral das persoas traballadoras no Concello.
Explican que a día de hoxe hai vinte postos de traballo sen cubrir ao que se engaden as baixas e os permisos de maternidade e paternidade que tampouco se substitúen “sobretensionando ao cada vez máis escaso cadro de persoal e non podendo ofrecer uns servizos de calidade á cidadanía”.
Por este motivo recllaman ao goberno a cobertura por calquera medio legal destes postos de traballo e a execución das ofertas de emprego público paralizadas dende o ano 2017 e anuncian que, no caso contrario, iniciarán mobilizacións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará