Hoxe é Xoves 16 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O derbi sáldase a favor do Campito

pazosfs

O equipo de Chapela logrou a vitoria no derbi entre Redondela e Campito nun partido disputado no pavillón da Marisma que rematou cun 4-7 no marcador. Na Terceira división reparto de puntos entre o Rábade e o Pazos cun empate a tres tantos.

Rabade 3-3 SD Pazos

O equipo da Sociedade Deportiva Pazos logrou o empate na súa visita ao campo do Insuas do Miño Rábade F.S. Traballado punto nun partido que tivo que disputarse en Outeiro debido a condensación que había no polideportivo de Rábade. Sétimos na Terceira División, os de Pazos visitan na vindeira semana o campo do Sport Sala Culleredo FS (5) no que será o primeiro partido da segunda volta.

Redondela Rodavigo 4-7 Campito Chapela

O Campito da a sorpresa e logra a vitoria no campo do Redondela. Unha vitoria que lles permite abandonar a última praza da categoría malia que continúan nunha complicada situación con tan só sete puntos. En todo caso, unha aritmética que non funcionou nesta fin de semana na que lograron imporse por 4-7 ao Redondela FS, equipo situado na sexta praza.

Na vindeira semana o Redondela repite na casa, recibe a un rival directo: o Quinta de Tui (5) e o Chapela xogará no campo do Leis Pontevedra (10).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará