Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior abre o prazo para a contratación de 19 persoas

soutomaior1

As persoas contratadas realizarán tarefas administrativas, de limpeza e de mantemento durante 2024. Para optar a algún destes postos deben pedir cita na súa Oficina de Emprego e solicitar que introduzan na súa ficha o código do posto ao que queren optar. Co obxecto de que o proceso sexa completamente transparente lembran que calquera veciño ou veciña interesada poderá consultar os códigos nos medios de comunicación, nas redes e na páxina web do concello. (Peón forestal: 95431028; varredor: 94431016; albanel: 7121; auxiliar administrativo: 45001019; auxiliar de bibliotecas: 42101011).
As 19 persoas contratadas estarán divididas en tres bloques con diferentes funcións: haberá 10 postos de peón forestal, que estarán dedicados a tarefas relacionadas coa limpeza e mantemento de camiños, así como a prevención de incendios; outros 4 postos de varredor, que se dedicarán á limpeza e mantemento de rúas e zonas verdes municipais; e os 3 postos restantes serán para albanel, que realizarán tarefas de mantemento de rúas, beirarrúas, instalacións municipais e outras vías públicas.
A maiores, o Concello de Soutomaior tamén contratará unha persoa para ocupar un posto de auxiliar administrativo e outra persoa para auxiliar da biblioteca. Ambos os dous contratos terán unha duración de 9 meses.O goberno de Soutomaior escalonará a súa incorporación co obxectivo de que haxa persoal a maior parte do ano e que nos meses de maior necesidade o concello conte coa totalidade das persoas contratadas activas.
Os veciños e veciñas interesadas en presentarse ás ofertas de emprego deberán estar dados de alta no paro e ser solicitantes de emprego.Se as persoas interesadas teñen calquera dubida sobre o procedemento, poden poñerse en contacto co Concello de Soutomaior a través das canles oficiais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará