Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Prazas vacantes para menores de 30 anos no Programa Integrado de Emprego

programa_emprego

O Multiúsos da Xunqueira acolle este mércores día 10 unha reunión informativa ás 11.30 horas na que poderán participar aqueles menores de 30 anos que estean interesadas en participar.

O Programa Integrado de Emprego (PIE) financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Servizo Público de Emprego Estatal e co cofinanciamento do Concello de Redondela ten un ano de duración e inclúe clases teóricas e prácticas. Malia que hai un totla de 100 prazas, tan só quedan vacantes para persoas menores de 30 anos.  Este mércores, día 10, celebrarase unha reunión informativa ás 11.30 horas no multiúsos da Xunqueira aberta a todos aqueles que desexen participar.

Ao longo dos meses que dura o programa, os participantes reciben orientación e asesoramento, formación en novas tecnoloxías e idiomas, técnicas de busca de traballo e fomento da capacidade emprendedora, entre outras cuestións. A formación práctica está tamén moi presente, con prácticas profesionais non laborais en empresas. Ademais os demandantes de emprego participantes reciben ofertas de traballo emparelladas co seu perfil.

O programa conta con medidas de conciliación da vida laboral e familiar, e todas as persoas que participen terán dereito a percibir unha bolsa de 10 euros por día de asistencia.

O programa conta con medidas de conciliación da vida laboral e familiar, e todas as persoas que participen terán dereito a unha bolsa de 10 euros por día de asistencia. Os interesados poden inscribirse no Centro de Formación A Marisma, nos teléfonos 986 40 83 88 e 604 035 909 ou no enderezo per@redondela.gal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará